The Elephant Whisperers | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Elephant Whisperers |
Director | Kartiki Gonsalves |
Produtor | Douglas Blush Kartiki Gonsalves Guneet Monga Achin Jain |
Baseado en | Historia de Priscilla Gonsalves |
Música | Sven Faulconer |
Fotografía | Karan Thapliyal Krish Makhija Anand Bansal Kartiki Gonsalves |
Montaxe | Sanchari Das Mollick Douglas Blush |
Estudio | Sikhya Entertainment |
Distribuidora | Netflix |
Estrea | 8 de decembro de 2022 |
Duración | 39 minutos |
Orixe | ![]() ![]() |
Xénero | Documental |
Lingua | Támil Jennu kurumba[1][2] |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
The Elephant Whisperers (en támil: தி எலிபெண்ட் விசுபெரர்சு) é un filme indo-estadounidense de 2022 dirixido por Kartiki Gonsalves no seu debut como directora. O documental trata sobre o vínculo que se desenvolve entre unha parella e unha cría de elefante orfo, Raghu, que foi confiada ao seu coidado. Producido por Sikhya Entertainment, o filme estreouse internacionalmente o 9 de novembro de 2022 no Festival de Cinema Doc NYC, un festival de cinema de documentais nos Estados Unidos.[3][4]
O filme estreouse a través de Netflix o 8 de decembro de 2022.[5] Gañou o Óscar á mellor curtametraxe documental na 95ª edición dos Óscar,[6][7] converténdose no primeiro filme indio en gañar un premio da Academia nesa categoría.[8]